sexta-feira, 20 de fevereiro de 2009

O ENTROIDO



CHEGOU O TEMPO DO ENTROIDO, E COLLEUNOS COS TRABALLOS FEITOS, POIS AS NOSAS NAIS E OS NOSOS PAIS ACHEGÁRONSE Ó COLE A PRESTARLLE AXUDA ÁS PROFES. E AÍNDA QUE PAREZA MENTIRA NUNHA TARDE FORON CAPACES DE MONTAR TODOS OS RAXOS QUE NECESITAMOS PARA CONVERTERNOS EN POLVOS. QUE COMO SABEDES SON 8, (PERO EN INFANTIL SOMOS 62 NEN@S), ASÍ QUE, VOTADE CONTAS.
MOITAS GRAZAS

O venres antes de saír no desfile fixémonos unha foto.










E logo do percorrido polas rúas de Aguiño, estaban esperándonos unha chea de doces típicos do Entroido. As nosas familias participaron coa aportación de diferentes postres: roscas, filloas, orellas, melindres... todos eles boíííííííííííísimos.



sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

O paraugas

Pensáchedes algunha vez como se sente un paraugas?
Púxemonos na súa pel e pareceunos que logo de usalo, en días de tormenta, de vento que acaban estragándolles a vida, e aínda máis, de deixalo olvidado alá onde nos atopamos cando xa non o necesitamos para que nos aílle das gotas da chuvia; deberiamos ter consideración é ofrecerlle outras alternativas. Foi por iso que quixemos ofrecerlle ese protagonismo que a tod@s nos gusta nun día coma o de hoxe, un día de sol, con moita luz e cor.

Fixemos que o acariciasen gotas cargadas de palabras.

ROSITA, o barco do capitán

Todos recordades que o luns houbo temporal, é como sabedes o tempo revolto fai que o mar traia á terra unha chea de porcallada, é dicir, todo aquilo que non é del. Así que,entre todo o lixo atopamos unha botella que tiña unha mensaxe.




Falamos, investigamos e sacamos conclusións. O capitán Benito debía saber que non somos nos os que tiramos nada ó mar, máis que nada, entre outras cousas porque os golfiños poderían mancarse.
Non tardamos moito en arreglar este entorto, pois o capitán Benito e a súa grumeta, achegáronse ó noso porto e aproveitaron a visita para contarnos unha historia que ocorreu pretiño da illa de Sálvora, o afundimento do Santa Isabel.




E quedamos pendentes de solucionar esa desfeita que fai afear as nosas praias e de darlle máis luz ós faros que nos rodean para que non volva repetirse unha traxedia semellante.

Unha nova amiga, A IRMÁ DE UXÍA S.

Despois de nove meses,medrando na barriga da nai de Uxía, naceu Adriana.Non sabemos se a lúa chea tivo algo que ver...


Como podedes ver, non tardou nadiña en vir a coñecernos, porque os amigos/as da súa irmá, sabe que tamén seremos os seus amigos/as.
E moi bonitiña e gústanos o seu nome, (está preñado de Adrián). Este é un xogo que facemos na aula: "as palabras preñadas" son palabras que agachan outras. Así que, se sabedes algunha, non dudedes en enviárnolas.

segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

sábado, 7 de fevereiro de 2009

Peza a peza,un home ou unha muller.

Ademáis dos ósos levamos connosco unha chea de órganos que necesitamos para vivir.Podes recoñecelos?

O esquelete que levamos dentro.

Esta semana estivemos vendo como son os golfiños por dentro, o seu esquelete ten moito parecido có noso. Así que decidimos baixar á nosa aula o esquelete que está no primeiro andar do cole e que nos mira pola ventá.

Aprendemos que para levar a cabo os nosos movementos temos que mover a nosa osamenta, e que grazas a isto somos quen de pornos de pe, sentados...Agora tamén sabemos que nos protexe distintos órganos vitais.

nacemento dun golfiño

Seguimos na búsqueda de novas na vida dos golfiños e pudemos ver como nacen cun vídeo que nos trouxo Sofía.

Conseguirán as especies mariñas facer un mandala?

QUEN SABE CANDO CASAN OS PAXARIÑOS?

Non se pode comezar mellor a semana que có día do amor. Si, si, o día da Candeloria, o día do amor galego, o día no que casan os paxaros e os gatos deixan de andar á xaneira. Este día, tamén o celebramos no cole, regalamos poemas que eleximos, de entre moitos que tiñamos para escoller na biblioteca, e todos eles falaban do mar.
O mar, tamén presente neste día nunha obra de Romero Britto, que levamos de regalo nun autocolante coma este.

segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009

DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

DE TOD@S É SABIDO QUE A PAZ E COUSA DE TÓDOLOS DÍAS, PERO COMO O CALENDARIO NOS DI QUE O DÍA DA SÚA CELEBRACIÓN É O 30 DE XANEIRO, APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA FACER UNHA MANTA SOLIDARIA ENTRE OS NENOS/AS DE INFANTIL.

Con ela arroupámonos, e temos presentes a todos/as que poidan estar carecendo dela.

Probamos a desplazarnos sobre ela con atrancos.
E xogamos a impedir que a pelota da paz poidese chegar ó chan por causa nosa.