terça-feira, 17 de março de 2009

APRENDEMOS INVESTIGANDO

Na nosa clase temos un recanto onde podemos investigar sobre distintas especies mariñas, entre elas: os percebes.

Na biblioteca do cole había un montón de libros e folletos que falaban delas. Tamén nas nosas casas buscamos información. Todo o pudemos comprobar ollando os propios percebes. Atopamos os cirros, o pene...








Xogamos a converternos en percebes e anclamos os pes no chan como se tiveran glándulas de cemento para fixarnos nas rochas.



E buscamos coas nosas mans a modo de cirros as partículas suspendidas na auga que nos serven de alimento.
Os percebes están moi relacionados coa anatomía dunha man. Parécense ós nosos dedos, falamos de "percebes coma puños", das súas uñas...
Vedes a semellanza?

sexta-feira, 13 de março de 2009

ADENTRÁMONOS NO MAR

SEGURO QUE RECORDADES OS DEBUXOS QUE FIXEMOS DAS ESPECIES MARIÑAS. POIS BEN NON IDES CRER O QUE VEDES.
ANIMÁMOSVOS A XOGAR;
SE ENTRADES NO NOSO COLE PODEDES OLLAR UN MURAL CON MOITO COLORIDO NO CAL AS/OS PROFES FORON PINTANDO AQUELES PEIXES, SEREAS, ESTRELAS... QUE ESTÁN NOS NOSOS DEBUXOS. ÁNIMATE A BUSCAR DISTINTAS ESPECIES NO MURAL. DE QUEN SON?

terça-feira, 10 de março de 2009

O FERREIRO

DALLE QUE DALLE FERREIRO Á RASPA, DALLE QUE DALLE XA ESTÁ AFIADA. Os percebeiros necesitan ter a punto as súas raspas. Diso, quen máis sabe é o ferreiro. Así que a profe falou có único ferreiro que queda en Aguiño, e pediulle que afiase unhas raspas para que nos o vísemos nun vídeo . Moitas grazas Segundo.
video

segunda-feira, 9 de março de 2009

sexta-feira, 6 de março de 2009

PABLO TROUXO PERCEBES

HOXE PUDEMOS COMPROBAR COMO SON OS PERCEBES DE VERDADE.


Ulen a mar,
saben salgado.

A través da lupa

e coa axuda dun microscopio vímoslle os cirros que teñen dentro das uñas.








Imaxinamos os percebes comendo.

terça-feira, 3 de março de 2009

TERRA DE PERCEBES

SENDO DE AGUIÑO, NON PODEMOS DEIXAR DE MIRAR Ó MAR. POLO TANTO A SEGUINTE AVENTURA SERÁ ACHEGARNOS Á VIDA DOS PERCEBES.
ESTAMOS EMPEZANDO A RECOLLER INFORMACIÓN E XA COMEZAMOS A VER OS FROITOS.


MODELAMOS PERCEBES: PEDÚNCULO, UÑA E CIRROS.





MEDIMOS OS PERCEBES.