Agora vou para a miña casa e estou moi contenta pero o mesmo tempo estou triste por non veros máis.
¡Moitas grazas a todos/as por facer a miña estancia en Aguiño tan feliz!!
¡FAREIR@S NON APAGUEDES NUNCA A VOSA LUZ!
¡BIQUIÑOS DA PROFE PAULA!
O noso faro pretende reflexar a viaxe que faremos os nen@s de 5 anos de Aguiño. Unha viaxe que faremos subid@s nas nosas dornas para descubrir novos horizontes. Estades invitad@s a navegar con nós polos mares das palabras, dos experimentos, dos xogos, da arte, das formas, dos cores, dos números, etc.
3 comentários:
Moita sorte nesta nova andadura Profe Paula. Na ría de Arousa imoste botar de menos (nos dous lados da ría ;) ) Xa sabes onde estamos para calquera cousa que necesites.
Moitos bicos e feliz verán
Moitas grazas Belén. O mesmo digo xa sabedes que me tedes en Mugardos para o que queirades. Que teñades un bó verán!!
Biquiños
Moitas grazas por todo. Quen che dixo que non vas ver máis o teus nenos? Para o ano xa organizaremos unha excursión a Mugardos.
Bicos e que teñas moita, moita sorte que a mereces.
Eva (fareiranai)
Enviar um comentário