quinta-feira, 20 de dezembro de 2007

AGASALLOS DE KEVIN PARA INFANTIL

Kevin e a súa nai decidiron doar peluches para as aulas de Educación Infantil. Estaba moi ilusionado por compartir os seus xoguetes cos demais nen@s.E o resto de nen@S moi agradecidos, pois agora teñen peluches novos para xogar.
¡¡¡MOITAS GRAZAS KEVIN!!!




XOGANDO CON TEAS

Estamos en Nadal e decidimos as profes Uxía e Paula facer un xogo de convivencia entre a clase de 4 anos e a clase de 5 anos.
Estiveron xogando e bailando con teas e zapatos.Ademais disfrutaron xogando con xoguetes da outra aula...o pasamos xenial!!.
Hoxe fixemos o mesmo pero no ximnasio bailando e xogando a disfrazarnos.
As teas nos dan moito xogo, pois un día son faldas, outro día a mesma tea pode ser unha capa ou un sombreiro, incluso un coche,etc.Non debemos darlle todo feito, deixemos que deixen voar a súa imaxinación e creatividade.Así que si tedes retais de tea pola casa non as tiredes será un maravilloso xoguete para os vosos fill@s.

quarta-feira, 19 de dezembro de 2007

AS MERENDAS


Este ano decidimos facer unhas merendas máis saudables, e para iso fixemos un plan de merendas.Os luns, por exemplo, é o día dos lácteos.O martes toca galletas ou biscoito, os mércores bocata de fiambre, os xoves froita e os venres (o seu día preferido) chocolate e froitos secos.
Ademáis de conseguir que coñezan os distintos grupos de alimentos e vaian aprendendo a comer de todo, este é un momento maravilloso para traballar distintos conceptos.Facer listas das froitas que trouxemos (lectoescritura), contar cantos trouxeron iogures e cantos queixo (lóxica matemática), coñecer os distintos froitos secos,etc.É dicir, aprender de forma significativa a través de cousas que forman parte da súa rutina e vida diaria.

DESCUBRIMOS UNHA FROITA NOVA

O xoves, día da froita na escola, Eva a nai de Uxía S. trouxo a escola unha lata de MIRABELES en almíbar.A maioría dos nen@s e a profe incluída non coñecían esta froita. Nace da árbore Mirabel e procede de Europa Central.En toda España soamente dase en Galicia, e na zona de pontevedra comese moito.
Nós a probamos e houbo para todos os gustos, a min en particular, encantoume. Temos que agradecer a amabilidade de Eva, pois grazas a ela coñecimos unha froita nova.




EXCURSIÓN O CASTRO NEIXÓN E O MUSEO ETNOGRÁFICO DE ARTES



O martes 12 de decembro fixemos unha excursión a Boiro para ver un castro. Aprendimos que un castro é un conxunto de casas, son as primeiras aldeas galegas.
Estas casas tiñan forma circular,tellado de palla,chan de terra,paredes de pedra e non se parecen en nada as nosas casas.Pois, como dixeron, os meus alumn@s non teñen ventás,nin camas,nin chimeneas,nin habitacións,...
Nos explicaron que diante dos castros hai coma unha montaña moi alta feita de terra e de elementos naturais chamada "Parapeto",e que lles servía de muralla de protección contra os enemigos.O castro Neixón está preto do mar para poder ver os enemigos que viñan en barco e tamén para pescar e obter alimento.
O día seguinte reforzamos todo o que aprendimos na excursión vendo unha proxección de Power Point feita pola profe Tere (3 anos A)sobre "Os Bolechas e os Castros".
O 18 de decembro fumos a outra excursión.Esta vez visitamos o Museo Etnográfico de Artes.Vimos unha lareira, un forno de pedra, potes, máquinas de coser antigas,as primeiras máquinas de escribir, os primeiros teléfonos, radios de música, un tear, un carro, xogos populares, moedas e billetes de antaño,fósiles,etc.
En conclusión, todo o exposto no Museo de Artes é máis parecido o que temos nas nosas casas que o que vimos nas casas castrexas, pero de todas formas o noso mundo cambiou moito debido os grandes avances tecnolóxicos.

quarta-feira, 12 de dezembro de 2007

COLECCIÓN DE FAROS





Empezamos a coleccionar fotos ou debuxos de faros.Podedes axudarnos a buscalos... Anímate e mándanos os faros que atopes.Moitas grazas de parte dos fareir@s de Aguiño.

Aquí poño todos os faros que nos enviou o noso amigo Carlos, moitas grazas!.Visitade a súa páxina pois percorre coa súa moto moitos lugares e atopa paisaxes preciosos, como estos faros que atopou nas súas viaxes.
www.picasaweb.google.com/agaiteira

¡PARABÉNS FAREIROS/AS!

¡Moitos parabéns para os nosos fareiros/as!. Aquí estamos celebrando o noso aniversario cos nosos compañeir@s.
Celebramos este día tan especial cunha tarta ou biscoito, soprando as candeas e como non podía ser de outra maneira cantando o "PARABÉNS PARA TI".



¡XA TEMOS 5 ANOS!¡PARABÉNS JESÚS E LARA!


segunda-feira, 10 de dezembro de 2007

A LIBRETA DE INVESTIGACIÓN

Todos os martes os nen@s de 4 e 5 anos levamos para casa unha libreta de detectives. Uns martes temos que atopar palabras que aparecen nos botes de champús, caixas de galletas, tableta de chocolate,botes de colonia,etc. Outros martes buscamos números nas matriculas, nos números de teléfono, número das nosas casas,nos mandos da televisión, nos prezos das cousas, na talla da roupa, etc.
Con todas estas investigacións conseguimos que os nosos nen@s descubran a funcionalidade dos números e da escritura, pois o seu mundo está cheo de estos códigos, ademáis motivamos as súas gañas de aprender a escribir tanto números como letras.






AS NOSAS PULSEIRAS

Cada día na asamblea o encargad@ do día escolle en que man queren poñer hoxe a pulseira :
dereita / esquerda , traballando así a lateralidade. Durante o resto do día facemos distintos xogos como saír o patio coa man dereita (sabemos que a man dereita é ,por exemplo,a que temos a pulseira ou se fose o caso a que non ten a pulseira), repartir os lápis coa man esquerda , tocarnos distintas partes do corpo cunha determinada man, etc...Todos os días antes de irnos deixamos as pulseiras no seu sitio e verbalizamos en que man tivemos hoxe a pulseira ; conseguindo deste xeito interiorizar e vivenciar que temos o noso corpo dividido en dúas partes, e aprender pouco a pouco a diferenciar a dereita da esquerda, aínda que temos que saber que para esto aínda queda moito camiño por recorrer.

NADAL NA ESCOLA

Dentro de pouco xa chegan as vacacións de nadal e como todos os anos celebramos un festival no colexio. Nós, os nen@s de 4 anos cantaremos e bailaremos unha panxoliña "BUSCANDO UNHA ESTRELA".
Para este día fixemos unhas diademas con estrelas (as que buscan os diferentes animais na nosa panxoliña).



O Equipo de Medio Ambiente propuxo facer unha árbore de nadal con latas de refrescos(reciclaxe).Tod@s os nen@s do colexio colaboraron traendo un montón de latas e o resultado é espectacular ¿non?.
Tamén nos piden reflexionar sobre a enerxía que gastamos de forma incontrolada, así que intentaremos non ter as luces da árbore todo o día acendidas, é un ben para tod@s.



Os nenos de 3 anos, clase da profe Silvia,nos invitaron a un pequeno concerto de panxoliñas amenizado por Loli, a mamá de Ramón,e dúas amigas dela.Todas son compoñentes da Rondalla de Aguiño.O pasamos moi ben coñecendo os instrumentos e bailando as cancións de nadal.¡Moitas grazas a mamá de Ramón e os nen@s de 3 anos por deixarnos asistir a este concerto de panxoliñas!
E non podo rematar este artículo sen desexarvos bo nadal e próspero aninovo para tod@s meus nen@s,familias e visitantes do noso blog.





A VISITA DE PAPÁ NOEL


OBRADOIRO DE ZAPATOS

¿Cómo podemos celebrar o nadal na escola? pois xa vedes a profe Uxía e eu , a profe Paula , decidimos facelo dunha maneira diferente, xogando con zapatos.
Os zapatos nos ofrecen moitas posibilidades para aprender xogando e ademais adornaremos un dos zapatos vellos que trouxemos a escola para que Papá Noel ou os Reis nos deixen os agasallos.
Cos zapatos aprendemos cores, formas, tamaños,etc.Xogamos a levar zapatos en diferentes partes do corpo,a lanzalos o máis lonxe posible, a construir esculturas,a medir diferentes cousas utilizando a cantidade de zapatos precisa, a facer pegadas,a buscar un zapato determinado seguindo a súas características,e unha morea de actividades máis que nos permiten pasalo moi ben nestes días que os nosos alumn@s están tan nerviosos e o mesmo tempo aprender un montón de cousas.



Despois de Nadal seguimos xogando con zapatos.Fixemos unha olimpiadas de zapatos, onde fixeron lanzamento de zapatos e relevos con zapatos.



Tamén fixemos conxuntos de zapatos abertos e zapatos pechados.







Traballamos tamén series grande - mediano - pequeno con zapatos.





Esta semán fixemos pegadas de zapatos.






Outro día vimos en internet videos e fotos sobre distintas esculturas feitas con area, pedra, barro, etc.E despois nos puxemos máns a obra, por grupos tiñamos que escoller un zapato e facer a nosa escultura (é importante facer actividades en grupo e non sempre individuais.Aprenden a ceder, a aceptar o que di a maioría, a compartir,etc)






E como non podía ser de outra maneira o resultado foi único, estas esculturas son verdadeiras OBRAS DE ARTE.