Xogamos a converternos en percebes e anclamos os pes no chan como se tiveran glándulas de cemento para fixarnos nas rochas.
E buscamos coas nosas mans a modo de cirros as partículas suspendidas na auga que nos serven de alimento.
O noso faro pretende reflexar a viaxe que faremos os nen@s de 5 anos de Aguiño. Unha viaxe que faremos subid@s nas nosas dornas para descubrir novos horizontes. Estades invitad@s a navegar con nós polos mares das palabras, dos experimentos, dos xogos, da arte, das formas, dos cores, dos números, etc.