segunda-feira, 24 de novembro de 2008

POEMAS VISUAIS



Participamos na exitosa proposta da equipa de normalización lingúística. Non só estamos nos embarcados, senón que hai moit@s outr@s nenos e nenas, do noso cole e doutros e sempre que subimos o 1ºandar do cole miramos o corcho no que se están a colgar cada día máis.

DÁMOSLLE VIDA ÁS FOLLAS CAÍDAS

sábado, 15 de novembro de 2008

BOS DÍAS!- Dixo a Lúa

Estabamos dispostos a comeza-la xornada do venres, cando no tempo de faladoiro a profe nos propuxo atopar a lúa no patio do noso cole. Non podiamos crer o que dicía. Atopar a lúa de día?.Pero como é a profe..., seguímola.
E alá fomos, ó redor do colexio, miramos ó ceo e non albiscamos nada por diante, nada pola dereita, nada pola esquerda, ata que chegamos ó aparcadoiro.
Alí estaba, agardándonos.
Saudámola e sacámoslle unha foto, por se alguén non cre: que de día tamén a lúa nos vixía.

BOCADOS DE LÚA




Como podedes ver a lúa estanos a rondar tanto de día coma de noite. Pero esta semana de forma especial, posto que o 13 foi Lúa Chea e quixemos celebralo.
Logo de ler durante estes días os contos: A que sabe a Lúa? e Paco. Quixemos chantarlle os dentes e saboreala. E como nos gustou tanto, estamos xa á espera dunha nova, alá no mes de decembro.

PARABÉNS






Xa non queda ningúen con catro anos. Tod@s temos unha man chea.
Grazas por compartir connosco este acontecemento.
E parabéns tamén para Adrián, que cumpreu nestas vacacións de Nadal.
Moitos bicos.

sexta-feira, 14 de novembro de 2008

TEMPO DE PODA





Dinos a mestra que no cole hai varias equipas que nos ofrecen a posibilidade de ilusionarnos e divertirnos con novas experiencias. Unha delas foi a que nos propuxo a equipa de medio ambiente e nunca decimos que non a novas singraduras.
Así que seguindo as pautas marcadas;das nosas casas trouxemos restos da poda de diferentes prantas e mans á obra.
Comezamos por preparar a terra para prantar os gallos, e desta maneira lograremos ter no cole, prantas igualiñas ás que temos na nosas hortas.
Agora só nos queda visitalas a miúdo para ver como lles vai e darlles os coidados que necesitan mentres son tan noviñas.

domingo, 9 de novembro de 2008

O ENGANO DA LÚA




Este mes levamos para a casa un traballo diario. Coas nosas familias levantaremos os ollos ó ceo e contemplaremos a lúa. Logo no noso faladoiro poñemos en común as nosas apreciacións, se está medrando, minguando, é chea ou nova. E chegamos a conclusión de que nos engan:
SE DEBUXA UN C, MINGUA E NON CRECE
SE DEBUXA UN D, CRECE E CRECE
CANDO É NOVA, DESAPARECE
CANDO É CHEA A XENTE TOLEA.
E como agora xa collemos no enredo, quixemos pintala como máis nos gusta, e pensamos que se atoparía moi ben sobre un fondo negro. Polo tanto ó igual que Miró, que tamén pintou lúas sobre teas nos pintamos sobre liño.


Arcimboldo sorprendeunos





E investigamos a súa obra e tamén outras que nos animaron e nos deron ideas para facer as nosas propias creacións.

NON TODO É O QUE PARECE


Moitas veces quedámonos coa primeira ollada cando miramos un cadro, unha imaxe,... a nosa meta é ir un pouquiño máis alá e estamos lográndoo.

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

domingo, 2 de novembro de 2008

QUE HAI DENTRO DESTA CAROPA?



Para sabelo tivemos que abrila, debullar a espiga ata quedarnos có carozo na man.

TEMPO DE OUTONO


A chegada do outono invítanos a descubrir as modificacións que se producen no noso contorno, e polo tanto invitamos as nosas familias a que nos achegasen á escola distintos elementos propios desta estación e desta maneira poder observar e manipular que é algo que nos encanta.

EMBARCAD@S DE NOVO


Hoxe imos dar paso a novas singraduras do noso faro tomando o relevo das mans da profe Paula que ven a visitarnos e que fará que a tripulación de aula de 5 anos se cargue de folgos. Esperamos que a luz do Serriño se albisque tamén dende Mugardos.