quinta-feira, 25 de dezembro de 2008

DESEXO QUE...

É VERDADE O QUE DIN DOS/AS NENOS/AS: QUEREMOS DE TODO, NON NOS FARTAMOS DE PEDIR...
PERO TAMÉN É VERDADE, QUE ÁS VECES OS MAIORES DEBERÍAN FACER O MESMO.



ESTA ÁRBORE ESTÁ FEITA CON DEBUXOS DE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE INFANTIL, CADA UN/HA FOMOS DEBUXANDO O QUE DESEXABAMOS COMPARTIR CON OUTROS NENOS/AS QUE NON TEÑEN A NOSA SORTE.




BO NADAL E FELIZ ANO 2009


>

O ELEFANTE CASIMIRO

ESTA CANCIÓN DE MAMÁ CABRA FOI COA QUE PARTICIPAMOS NO FESTIVAL DE NADAL.
AHÍ VAN UNHAS FOTIÑOS






COMO VEDES ACTUAMOS OS DA PROFE UXÍA E MÁIS OS DE CINCO, ASÍ QUE ALGUNHAS VECES TEMOS ENSAIADO XUNTOS E PASÁMOLO MOI BEN.
AAAAAAAAAAH! O DAS GORRAS FOI UN REGALO DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA.
HAI CADA...

TOCOUNOS FACER OS POSTRES

NA ESCOLA APRENDEMOS A FACER UN POSTRE TÍPICO DESTAS DATAS
XEADO DE TURRÓN
PARA ELO AS PROFES TROUXERON Á ESCOLA TODO O NECESARIO: TURRÓN, LEITE, NATA E OS ÚTILES PARA ELABORALO: BATEDORA, XERRA MEDIDORA, PESA E AS CUBITEIRAS.
CON TODO PREPARADO SÓ QUEDABA POÑERNOS MANS Á OBRA.










LOGO DEIXÁMOLO NO CONXELADOR DO COLE E ESPERAMOS O DÍA SEGUINTE PARA PROBALO.
AGORA XA PODEMOS DICIR QUE ESTABA BOÍIIIIIIIIIIIISIMO.

domingo, 14 de dezembro de 2008

TEMOS PROFE NOVA


ESTA SEMANA ESTIVO CONNOSCO A PROFE MARÍA, E O VENRES, CON ISO DE QUE TIÑAMOS CELEBRACIÓN POLO DO CALENDARIO LUAR, QUIXO FACERNOS UN AGASALLO E CONTOUNOS O CONTO DO PRINCIPIÑO.
MOITAS GRAZAS POR TODO.

QUE FACER CON TANTAS LÚAS

COMO SABEDES ESTIVEMOS CARREXANDO LÚAS DAS NOSAS CASAS, DE TÓDALAS CORES, TAMAÑOS, FORMAS... NA AULA ENTRE TOD@S CLASIFICÁMOLAS, PESÁMOLAS E QUIXEMOS QUE FOSEN ELAS, AS QUE ALUMEASEN A NOSA ÁRBORE DE NADAL.

XUNTO COA CLASE DE 4 ANOS FIXEMOS UNHA OBRA CONXUNTA QUE ESTÁ PENDURADA NO CORREDOR DO COLEXIO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.

segunda-feira, 8 de dezembro de 2008

A lúa connosco

Non satisfeitos cá viaxe, decidimos traer a lúa a nosa aula. Entre tod@s fixemos unha.




Así foi como nos quedou.

De viaxe pola lúa

Ó igual cá Neil Amstrong, nos tamén quixemos sentir a sensación de pasear pola lúa, polos seus mares e cráteres.Así foi como o vivimos.


Mar da Tranquilidade

Mar da Serpe

Mar das ondas

Mar das nubes

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

FESTA RACHADA






A iso das doce cando xa a fame apretaba, chegounos o turno para recoller, asadas as castañas. Ó igual que os outros anos, o castañeiro tiña todo preparado, só nos quedaba degustalas. Pero non nos acompañou o tempo e tivemos que ir á aula a darnos o gran banquete, castañas asadas e refresco de cola (que nos trouxo a ANPA).
Pensabades que isto era todo?. Pois non!.
Toda festa remata cun baile, e diso sabe moito o noso profe de música, que nos amenizou o fin de festa. Alí pegadiño ó seu acordeón, fixo que suásemos a cachón.

No día do Magosto talleres para tod@s










Este venres as profes tíñannos preparada unha sorpresa. Acababa o mes de novembro e non era pouco celebra-lo magosto, senón que desde as nove da mañá estivemos de taller en taller.
Primeiro fumos a biblio.Alí, tamén se pode xogar, sabedes?. Tivemos que atopar viñetas de contos que voaran e se meteran entre as follas doutros libros e secuencialas.
Logo no Encerado Máxico estábanos esperando a profe Uxía para contarnos o conto do verme Pepiño, que por certo, si que chegou a Aguiño, dentro dunha castaña o vimos.
E quen non se maquilla para unha ocasión?. Pois iso, alá fumos a aula de 3 anos a que nos maquillasen.

segunda-feira, 24 de novembro de 2008

POEMAS VISUAIS



Participamos na exitosa proposta da equipa de normalización lingúística. Non só estamos nos embarcados, senón que hai moit@s outr@s nenos e nenas, do noso cole e doutros e sempre que subimos o 1ºandar do cole miramos o corcho no que se están a colgar cada día máis.

DÁMOSLLE VIDA ÁS FOLLAS CAÍDAS

sábado, 15 de novembro de 2008

BOS DÍAS!- Dixo a Lúa

Estabamos dispostos a comeza-la xornada do venres, cando no tempo de faladoiro a profe nos propuxo atopar a lúa no patio do noso cole. Non podiamos crer o que dicía. Atopar a lúa de día?.Pero como é a profe..., seguímola.
E alá fomos, ó redor do colexio, miramos ó ceo e non albiscamos nada por diante, nada pola dereita, nada pola esquerda, ata que chegamos ó aparcadoiro.
Alí estaba, agardándonos.
Saudámola e sacámoslle unha foto, por se alguén non cre: que de día tamén a lúa nos vixía.

BOCADOS DE LÚA




Como podedes ver a lúa estanos a rondar tanto de día coma de noite. Pero esta semana de forma especial, posto que o 13 foi Lúa Chea e quixemos celebralo.
Logo de ler durante estes días os contos: A que sabe a Lúa? e Paco. Quixemos chantarlle os dentes e saboreala. E como nos gustou tanto, estamos xa á espera dunha nova, alá no mes de decembro.

PARABÉNS






Xa non queda ningúen con catro anos. Tod@s temos unha man chea.
Grazas por compartir connosco este acontecemento.
E parabéns tamén para Adrián, que cumpreu nestas vacacións de Nadal.
Moitos bicos.

sexta-feira, 14 de novembro de 2008

TEMPO DE PODA





Dinos a mestra que no cole hai varias equipas que nos ofrecen a posibilidade de ilusionarnos e divertirnos con novas experiencias. Unha delas foi a que nos propuxo a equipa de medio ambiente e nunca decimos que non a novas singraduras.
Así que seguindo as pautas marcadas;das nosas casas trouxemos restos da poda de diferentes prantas e mans á obra.
Comezamos por preparar a terra para prantar os gallos, e desta maneira lograremos ter no cole, prantas igualiñas ás que temos na nosas hortas.
Agora só nos queda visitalas a miúdo para ver como lles vai e darlles os coidados que necesitan mentres son tan noviñas.