As familias coma sempre colaboran moito e xa trouxeron un montón de información e material para traballar na clase dito tema.
Hoxe Andrés trouxo o seu Cordón Umbilical, e vimos nos libros que trouxeron Kevin e Mariña, que o cordón umbilical une a placenta co feto para poder alimentarse.
Observamos as diferencias entre o corpo dun home e unha muller cun bebé boneco e unha bebé boneca. Comprobamos como os homes teñen pene e testículos (cada parte co seu nome correcto)e tamén teñen peito. En cambio, as mulleres teñen vulva e peitos (os cales medran a medida que cumprimos anos).
Despois aprendimos unha nana e durmimos o/a bebé.
"ESTE NENO/A PEQUERRECHO/A
TEN GANIÑAS DE DURMIR
UN OLLIÑO SE LLE PECHA
OUTRO NON O PODE ABRIR
AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA
AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA"
Tamén vimos fotos e un video de cando Andrés era bebé; vimos como o bañaban, como tomaba un potito, como lle cambiaban un cueiro, como xogaba cunha pelota, etc.É dicir, aprendimos algúns cuidados dos/das bebés.
Outro día Jorge, Donovan, Ainara, Fátima e Andrés trouxeron ECOGRAFÍAS (onde podemos ver os/as bebés cando están dentro dos vientres das mamás).
Uxía Pérez e Kevin trouxeron as pulseiras que nos poñen de bebés no hospital para identificarnos.
Tamén xogamos a cambiar o cueiro os/as bonecos/as.
Outro día descubrimos os teteiros,que os utilizan as mamás cando danlle o peito os bebés.
A verdade é que trouxeron moitas cousas: Alba trouxo os patucos do seu "futuro" irmá; Ainara a colonia, a roupa do seu irmá pequeno,chupete, etc;e moitos as súas fotos de cando eran bebés. Vimos tamén unha recopilación de fotos de Uxía Suárez no ordenador.
Ainara botoulle colonia de bebés a tod@s os nen@s da clase.
María José trouxo roupa de cando era bebé e Carlos un sacamocos.
Seguimos aprendendo cousas sobre os/as bebés e os seus coidados. Kevin deulle un biberon a un bebé, Uxía Pérez trouxo un mordedor e unha mochila para levalos de paseo.
Outro día Pablo trouxo roupa e zapatos de cando él era un bebé, e Uxía Pérez trouxo un cambiador e fixo unha demostración de como cambiamos os cueiros a os/as bebés.