quinta-feira, 23 de abril de 2009

Quen estivo aquí?


Cando comezamos o curso trouxemos para a clase unha caixa que deberiamos encher con cousas que iamos atopando. Deste xeito comezamos distintas coleccións: chapas, cunchas...
Como podedes ver esta caixa di moito de nos.

E como xa comezou a facer bo tempo aproveitamos para pasear pola praia e ampliar o número de cunchas. Agora comezamos a buscar información e xogamos a saber que animal viveu noutro tempo nelas.

sexta-feira, 3 de abril de 2009

Saída á granxa






Para rematar o trimestre nada mellor que unha saída.
Alá fomos á granxa de Serantellos.
Adiviñade como o pasamos.