segunda-feira, 23 de junho de 2008

DESPEDIDA

Xa pasaron dous anos ... e parece que foi hoxe cando collín a miña maleta rumbo a Aguiño. A verdade e que cando vin o destino caeume o mundo enriba. Pero agora miro para atrás e vexo tantos recordos bós que compartín cos meus fareiros/as e as súas mamás,e claro está cos meus compañeir@s e o nosos super conserxe.
Agora vou para a miña casa e estou moi contenta pero o mesmo tempo estou triste por non veros máis.
¡Moitas grazas a todos/as por facer a miña estancia en Aguiño tan feliz!!



¡FAREIR@S NON APAGUEDES NUNCA A VOSA LUZ!

¡BIQUIÑOS DA PROFE PAULA!

FESTA FIN DE CURSO











E os/as profes tamén bailaron ....





EXCURSIÓN A COUSO







Os nenos/as de Educación Infantil agradecemos a mamá e a avoa de Uxía Suárez que nos deixaran ir de excursión a súa finca. A pesar de que o día non era moi bó o pasamos moi ben correndo polo campo, cos cabalos, etc.



quinta-feira, 19 de junho de 2008

DESPEDIDA DA PROFE RAQUEL

A profe Raquel nos ensinou moitas cousas e o pasamos moi ben con ela. Para rematar o curso nos trouxo un "huesito de chocolate" e un palote.
¡¡Moitas grazas Raquel!!



CANTAMOS COA RONDALLA DE AGUIÑO

Moitas grazas os membros da Rondalla de Aguiño que viñeron o cole para cantar con nós. Antes da visita preparamos as cancións coa profe de música Yolanda e coa profe Paula e ese día o cantamos todos/as xuntos e o fixemos moi ben. Despois tocaron outras pezas para bailar.



BRANCONEVES

As mamás de 4 anos son unhas artistas. Este ano preparamos a obra de teatro "Branconeves" coas mamis. O martes actuaron para todos os nenos/as de Educación Infantil e a verdade é que o fixeron moi ben.











Os fareiros/as queriamos agradecer as nosas mamás a súa colaboración e o seu traballo en prepararnos esta obra tan bonita, e por eso fixemoslles un agasallo, unha flor, feita por nós.
¡¡MOITAS GRAZAS MAMÁS POLO VOSO ESFORZO EN FACERNOS FELICES!!






Pero ademais a profe Paula tamén recibiu un agasallo de parte de todas as mamás e dos meus nenos e nenas. Un reloxo precioso e un Cd con fotos dos meus nen@s. A profe o agradece un montón aínda que non necesitaba ningún agasallo para lembrarse dos seus fareiros/as pois os levo a todos/as conmigo para Mugardos. A profe chorou da emoción pois dalle moita pena deixar os seus nenos/as pero xa sabedes que temos que seguir en contacto.
¡¡MOITAS GRAZAS POR ESTES DOUS ANOS!!

¡PARABÉNS JORGE!



sexta-feira, 13 de junho de 2008

VISITA DUN CICLISTA O NOSO COLE

Juan é o mozo da profe Silvia e pertence o grupo de ciclismo de Froiz. Veu a explicarnos todo o que levan os ciclistas e deixounos poñer o maillot,tocar os cullote, poñer o casco, ensinounos como funciona o pulsometro, subiunos a bici, etc.

¡¡¡Moitísimas grazas Juan por ensinarnos tantas cousas sobre os/as ciclistas e que gañes moitas carreiras e senón non te preocupes pois o noso lema é que o importante non é gañar senón disfrutar !!!
Biquiños dos fareiros/as.