sexta-feira, 30 de maio de 2008

PREPARANDO O ESCENARIO PARA A OBRA DE TEATRO DE MAMÁS




EN GALEGO XOGAS MELLOR




¡PARABÉNS PARA KEVIN E MARÍA JOSÉ!




SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE TÚNEZ




A COMIDA TÍPICA DE TÚNEZ: CUSCÚS

Aprendimos que a comida típica de Túnez é o cuscús. É parecido o arroz pero son grans máis pequenos e de cor amarelo. A receta típica é con verduras...esta boisímo.



¡Animadevos a probalo!




sábado, 24 de maio de 2008

TEMOS GORROS NOVOS

Por medio do Equipo de Normalización Lingüística os nen@s de Educación Infantil xa lucimos nos dias de sol (de momento moi pouco) unhas gorras moi de "Aguiño".





VISITAMOS TÚNEZ CON LAMIA E FÁTIMA

Fátima é unha nena galega que naceu no Barbanza coma case tod@s os nen@s da súa clase pero os seus pais non son galegos. O seu pai, Mohamed, é de Marrocos; e a súa nai, Lamia é de Túnez.
Pensei que sería bonito que os nen@s aprenderan que existen outras culturas e que dende pequenos aprendan a respetar as diferentes culturas que conviven no mundo.
Lamia veu a visitarnos e aproveitando que traballamos o embarazo cantounos unha canción de berce en árabe.
Tamén escribiu en árabe e contounos cousas de Túnez.











EU FAGO SOPA DE LETRAS GALEGAS

Polas Letras Galegas os profesor@s e os nen@s puximos un mandil moi especial para concienciar da importancia do galego e para traballar tamén a coeducación.
Temos que agradecer o Equipo de Normalización Lingüística por traballar tanto e propor tantas ideas para que os nosos nen@s valoren a nosa lingua. ¡Moitas grazas por alumear e guiar os nosos fareir@s!




FESTA DE ARROLOS GALEGOS

Os nen@s de Educación Infantil celebramos unha festa de arrolos en galego. Cada clase agasallou as outras con un baile, unha canción ou un poema.
Despois nos dimos arrolos entre tod@s os nen@s e profes, e para rematar cantamos a canción de Migallas "Himno da nosa Lingua".




NAÍN E IOLANDA NOS VISITAN

Iolanda e a mamá de Ainara e Naín o seu irmán e visitaron o faro para contarnos cousas sobre Naín e a vida dos bebés, igual que fixo anteriormente Belén e Marta.
¡¡Moitas grazas por visitarnos e contarnos tantas cousas!!




sábado, 10 de maio de 2008

BELÉN E MARTA VISITAN O NOSO FARO

Os fareiros e fareiras agradecemos a Belén (nai de Sofía) e a Marta (irmá de Sofía) que nos contaran tantas cousas sobre a vida dunha bebé.



SEGUIMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS SOBRE O EMBARAZO




Algúns nen@s traen fotos de cando levaron a Susana e Víctor a casa, e como coidaron e xogaron con eles. Estas fotos as expoñemos no taboleiro da nosa clase.Cada día temos máis e comprobamos o coidadiños que están os nosos bebés.


sexta-feira, 9 de maio de 2008

RECOPILACIÓN DE CANCIÓNS DE BERCE

As familias están colaborando na recopilación de cancións de berce en galego.É bonito que os nen@s dende pequenos escoiten cancións tan fermosas e con tanta tradición popular.
A nai de Uxía Suárez trouxo un Cd de cancións de berce en galego que escoitamos mentras traballamos.
¡¡¡Moitas grazas familias!!



terça-feira, 6 de maio de 2008

URBANO LUGRÍS

A profe Silvia de 3 anos B aportounos estas obras que atopou de Urbano Lugrís que é co pintor co que rotulamos a nosa aula, como xa sabedes. Son obras que están en venta nunha tenda de antigüedades de CORUÑA que se chama EL GALEÓN DE MANILA, así que xa sabedes, se alguén está interesad@... e senón sempre poderedes velas na páxina web:

http://www.elgaleondemanila.com/

GRAZAS PROFE SILVIA!!!!