quarta-feira, 16 de janeiro de 2008

NACE UN PROXECTO DE ARTE


A volta de Nadal fixemos un debuxo do noso xoguete preferido entre todo o que nos trouxeron Papá Noel e os Reis. Ademáis fixemos unha lista no ordenador onde cada nen@ tivo que escribir dito xoguete.
Pero Uxía Suárez non debuxou nada, según ela non sabía facer unha mochila (o seu xoguete preferido).Realmente ela pasouno mal pois dáballe moita ansiedade non saber debuxalo ben e non o quería facer.
A partir desta situación pensei que sería unha boa idea traballar arte na aula. Amosarlles que moitos artistas non pintan as cousas de forma realista senón que as pintan como eles/as as ven ou as sinten.E isto é o que quero que aprendan os meus nen@s, que non deben ter medo a facer os seus debuxos, que non existen debuxos bós ou malos.Facer arte é expresar os seus sentimentos e vivencias como eles/as saben.
Para empezar a mamá de Uxía,Eva, nos trouxo un cadro abstracto.



Falamos do que veiamos no cadro: unha árbore, un ceo, raias, unha nube,... Non sabemos o que quixo pintar o autor desta obra pero eso non quere dicir que non sexa unha gran obra de arte, pois con ela disfrutamos da súa forza, dos seus cores, de descubrir o que vemos nela,etc.
Cada xoves traballaremos a un/unha artista diferente e tamén distintas técnicas para ampliar o seu coñecemento sobre distintas maneiras de pintar.Empezaremos descubrindo a Paul Klee e a Mondrian.Estes artistas xogan coas formas xeométricas.






Agora con gomets de formas xeométricas crearemos os nosos cadros que colgaremos despois aquí para ver os grandes artistas que somos.
Tamén veremos a pintoras famosas como a Frida Kahlo e a Maruja Mallo (pintora galega) pois é importante darlle modelos femeninos e que vexan que as mulleres somos capaces de facer todo tipo de traballos.
De momento disfrutade con este video de Frida Kahlo onde vemos moitos dos seus cadros máis famosos.



Tamén deixo un video de Jackson Pollock onde podemos ver o proceso de creación dunha obra de arte.Ademais estes cadros (Expresionismo Abstracto) lembran os debuxos dos nosos nen@s.Fixádevos que pinta dende arriba.Nós faremos na clase algún cadro seguindo esta técnica.Mentras non temos o video do noso cadro podemos aprender mirando este video de Pollock.



Aquí tedes os nosos primeiros cadros seguindo a Paul Klee, somos tod@s uns artistas.



Hoxe,30 de xaneiro, é o día da PAZ.Traballamos este día a través do cadro"O Guernica" de Pablo Picasso.Falamos de que era un cadro sobre unha guerra, un bombardeo que houbo en Guernica.Nos fixamos nos rostros das figuras,no edificio en llamas,na ausencia de cores,etc.Vimos que a guerra non é boa,NON A GUERRA!!.
Despois fixeron un puzzle co susodicho cadro.






Traballamos a Lichtenstein na aula.Vimos como pintaba cadros con puntiños (Puntillismo),con líneas rectas, diagonais e curvas.Asíque nós pintamos un faro , o noso faro, seguindo esta técnica.Cada un/unha pintou unha parte do faro con puntos, líneas, ondas, etc.







Ademais de traballar ``O Guernica´´ tamén vimos o cadro ``Busto de muller con sombreiro´´ de Picasso.Neste último cadro Picasso utilizaba moitas cores e nós decidimos pintar dito cadro con moitas cores e cada un como quixo. Para esta actividade utilizamos pinceis e témperas...¡Que diver!!!






A mamá de Mariña, Nancy, trouxo a escola un libro moi interesante, onde descubrimos que cos dedos tamén podemos facer arte.



Fixemos entre tod@s unha leona.Despois decidimos o nome levando a votación os nomes que dixeran. Viva a democracia!!(xa estamos en campaña electoral,jaja).
O nome que gañou por maioría foi MARGARIDA.






Agora que estamos en Primavera pintamos flores con pintura de dedos.



Coñecimos a obra de o artista Andy Warhol e decidimos facer as nosas fotos seguindo o seu modelo.





Aproveitando o Proxecto da Auga pintamos con auga coloreada e palliñas.






Intentamos facer caricaturas (caras divertidas) coas nosas fotos. Resultoulles un pouco dificil pero disfrutaron moito poñendose gafas, pelo pincho,bigote,etc.



Vimos o video de Jackson Pollock e decidimos pintar os nosos cadros seguindo a súa técnica. Pintamos de pé para ter outra persperctiva pois sempre o facemos sentad@s e Pollock tamén pinta de pé. Despois puxemos distintas témperas e distintos utensilios de pintura ( pinceis, esponxas, rodillos, etc), a partir de estas premisas cada un utilizou as cores e utensilios que quixeron e cada un pintou libremente o seu cadro.






Tamén vimos o video de Frida Kahlo. Despois traballamos un cadro da pintora mexicana onde aparece un marco e o seu autoretrato coma se fose unha foto.



Os nen@s pintaron o marco do autoretrato de frida Kahlo.





Traballamos tamén a Maruja Mallo.



Con elementos dun cadro de Maruja Mallo os nen@s fixeron os seus propios cadros.




4 comentários:

Sapoconcho disse...

Pois adiante co proxecto! esperamos que nos vaiades amosando os resultados. Tes razón, non existen debuxos bos ou malos. Si lles deixamos que se expresen libremente saen auténticas obras de arte.

o noso faro disse...

Moitas grazas polos ánimos! a ver que tal o pasamos e se aprendemos moito.Se tedes algunhas ideas non dubides en comentalas.

Lapis-vermello disse...

Tedes razón hai que ensinarlles.

Ángeles. disse...

gústanme os teus proxectos sobre todo os relacionados coa arte. Eu tiña en mente facelos e ao ver o teu traballo xa vou a empezar có de Paul Klee. Tamén teño un blog, chámase remendos, pero aínda estou algo verde. Noraboa e moitos ánimos para seguir.