quarta-feira, 2 de abril de 2008

A AULA DE URBANO LUGRÍS

Por medio do Equipo de Normalización Lingüística todas as aulas do centro escolar teñen o nome dun home ou muller do mundo galego que sexan importantes (artistas, escritores, músicos, deportistas, etc).
A aula de 4 anos é a aula adicada a Urbano Lugrís,coñecido como o "Pintor do Mar".



BIBLIOGRAFÍA DE URBANO LUGRÍS

Nace no 1908 (A Coruña). Morre en Vigo (1973) e está enterrado no cemiterio de Pereiró. Fillo de Purificación González, que era pianista e Manuel Lugrís Freire, escritor, galeguista, agrarista, presidente da Real Academia Galega... Fai estudios de perito mercantil.
En Madrid nos anos 30, na segunda República, participa moi directamente nas Misións Pedagóxicas, que eran "escolas ambulantes", que levaban a cultura ós pobos de máis difícil acceso: teatro, guiñol, pinturas (museos), bibliotecas, conferencias.... Nelas participaron xente tan importante como Federico García Lorca, Rafael Dieste ou Ramón Gaya. En Malpica tivo lugar unha das Misións Pedagóxicas máis importantes no 1933, onde participa tamén Cándido Fernández Mazas.

Gran pintor, debuxante, decorador, muralista... Leva unha vida bohemia, desinteresada, vivindo ó día (carpe diem).

Vive especialmente na Coruña, Madrid e Vigo. En moitos bares e tascas deixa a súa obra en forma de murais, algúns xa perdidos. Hoxe pódense ver no "Nova Galicia" de Santiago; "Fornos", "Vechio", "Drago", todos eles na Coruña...

Moi ligado a Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María...

Debuxos, pintura, murais, ilustracións de libros. Temáticamente a obra de Lugrís, está chea de continuas referencias ó mar. Lugrís representa na pintura ó mar o que Xulio Verne na literatura ou Manuel Antonio (de Catro a Catro) ou Paul Valery (Cemiterio Marino) na poesía.


DEBUXO:
A liña aparece como filigrana poética; temáticamente representa, tamén o mar, as veces as imaxes, forman un xerogrífico no espacio. Son moi abundates os debuxos de Lugrís, e destacamos a serea.

PINTURA:
Temáticamente tamén representa o mundo do mar, o mundo dos soños marinos e submarinos, un mundo surrealista, metafísico, fabulador, mítico, etc. Estilisticamente caracterízase por un barroquísmo das formas moi minuciosas e detallísta con influencias de Dalí, Patinir, Brueghel, o Bosco, etc. As técnicas son: o óleo, as serigrafías, o collage, a tinta china sobre o papel, etc.

MURAIS:
Sobre todo destacan os da cofradía de Malpica onde hai 5, e no piso de arriba, nas oficinas hai 3.

ILUSTRACIONS DE LIBROS
Colaborou na ilustración de diversos libros como por exemplo:
José María Castro Viejo: "Los paisajes iluminados" (1945), ademáis da portada tamén fixo, no interior diversas pinturas, e capitulares.
Domingo Quiroga: "Padre maestro" (Martín Pinario,1954)
Luz Pozo Garza: "El vagabundo"
Miguel Gonzalez Garcés: "Isla de dos"
Avelino Cachafeiro (1969)
Darío Xoán Cabana: "Romanceiro da Terra Chá" (1983)
Xavier Xoane: "Abrelle as porta ó mar" (editorial Espiral Maior, A Coruña 2000)
Ademáis das ilustracións de libros, fai tamén diversas publicacións para revistas, periódicos, postais, pousa vasos, etc.

ARQUITECTURA:
Fixo unha ermita que chamou Santuario dos Santos Reyes (Bueu,1948-1949). Toda ela feita de cantería que aínda subsiste.

URBANO LUGRIS E XULIO VERNE:
Este último autor dunha literatura fantástica, como por exemplo:"20.000 leguas de viaxe submarino", que ten un episodio adicado os galeóns de Rande na Ría de Vigo; Urbano Lugrís, que era un gran admirador de Xulio Verne, tamén fixo pinturas adicadas ó mesmo tema.

Sem comentários: