sexta-feira, 20 de fevereiro de 2009

O ENTROIDO



CHEGOU O TEMPO DO ENTROIDO, E COLLEUNOS COS TRABALLOS FEITOS, POIS AS NOSAS NAIS E OS NOSOS PAIS ACHEGÁRONSE Ó COLE A PRESTARLLE AXUDA ÁS PROFES. E AÍNDA QUE PAREZA MENTIRA NUNHA TARDE FORON CAPACES DE MONTAR TODOS OS RAXOS QUE NECESITAMOS PARA CONVERTERNOS EN POLVOS. QUE COMO SABEDES SON 8, (PERO EN INFANTIL SOMOS 62 NEN@S), ASÍ QUE, VOTADE CONTAS.
MOITAS GRAZAS

O venres antes de saír no desfile fixémonos unha foto.










E logo do percorrido polas rúas de Aguiño, estaban esperándonos unha chea de doces típicos do Entroido. As nosas familias participaron coa aportación de diferentes postres: roscas, filloas, orellas, melindres... todos eles boíííííííííííísimos.



1 comentário:

Anónimo disse...

A profe Sara sempre escapando da cámara.
Xa sabemos que tes que sacar as fotos pero queremos ver unha foto túa con todos os teus nenos.