quarta-feira, 30 de janeiro de 2008

O ENTROIDO

Xa chegou o tempo de disfrazarnos.Este ano o tema do entroido na escola é o ''MUNDO MÁXICO''. Os peques de infantil van de gnomos e as mestras de cogumelos.
Este ano fixemos un taller coas nais para realizar os traxes dos nen@s.Teño que dar as grazas pola súa colaboración, pois viñeron case todas,e algunhas das que faltaron foron por motivos laborais.
Despois o seguinte martes fixemos outro taller para facer disfraces de gnomos para as mamás (pois papás non se animaron a vir).E outra vez teño que agradecer a asistencia das miñas mamás, pois sempre están dispostas a participar.
Aquí poño algunhas fotos dos talleres para que vexades como curraron.




Agora poño algunhas fotos do desfile.




2 comentários:

Anónimo disse...

QUERO DARLLE AS GRAZAS A PROFE PAULA POR ENSINAR TAN BEN OS NENOS E A NOS, AS NAIS. ADEMAIS DE APRENDER TODOS, PASÁMOLO MOI BEN CANDO PARTICIPAMOS COS NENOS.
BICOS

o noso faro disse...

Moitas grazas Eva!A verdade é que con nais coma vós calqueira profe animase a facer cousas, pois sempre participades en todo e é un gustazo traballar así.
¡MOITAS GRAZAS A TODAS AS MAMÁS DE AGUIÑO DE 4 ANOS!!