sábado, 9 de fevereiro de 2008

A FESTA DE MEIGALLOS

O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Normalización propuxeron a todo o colexio facer un obradoiro de meigallos.As profes de infantil aproveitamos a maxia do entroido e o día da paz para facer a gran FESTA DE MEIGALLOS.
Saimos o patio onde colocaramos unha gran pota e as mestras nos convertimos en meigas coas nosas capas e sombreiros.Cada nen@ tiña que coller un zapato e metelo na pota o tempo que decía o seu meigallo.Os meigallos foron de todo tipo aínda que a maioría pediron que as profes se transformaran en canto animal existe.
Despois as profes tamén pediron os seus meigallos: non máis pelexas, compartir as cousas, xogar con tod@s os nen@s,etc.Cada vez que deciamos un meigallo eles tiñan que repetir: ¡¡MEU DITO MEU FEITO!! (Pois todo meigallo que se preste ten que ter unhas palabriñas máxicas).
E despois de remexer e remexer todos os meigallos saíu confeti da pota e comimos caramelos e galletas máxicas... para que todos os meigallos se cumpran.
Foi un día moi divertido onde compartimos moitas risas e onde ademais de xogar todo infantil xunto tamén se sumaron os de 1º de primaria, foi moi MÁXICO.

Sem comentários: