quarta-feira, 20 de fevereiro de 2008

PROXECTO SOBRE A AUGA

Empezamos un proxecto sobre a auga.Primeiro partimos das ideas que tiñan os nen@s sobre o tema. QUE SABEMOS DA AUGA - Hai auga na billa, nas fontes e no pozo. - No mar hai auga - A choiva é auga - Na piscina hai auga - A auga é azul - A auga do mar é salgada - Non sabemos a que sabe - As flores e animais necesitan auga QUE QUEREMOS SABER SOBRE A AUGA - A cor da auga - O seu sabor - O seu olor - Se o xeo é auga - De onde ven a auga Pouco a pouco buscaremos información en distintas fontes (familias, libros, internet, videos, etc)e faremos diversos experimentos para responder todas as nosas dúbidas. Hoxe falamos sobre a cor da auga.Fixemos unha táboa de rexistro onde cada nen@ dixo a cor que pensaba que tiña a auga.Despois contamos o número de nen@s que dixeran cada cor(Hipótesis) Despois xogamos con papel celofán de cores.Vimos como veiamos as cousas según a cor do papel. Foi moi divertido ver o mundo de cores.Pero ¿que pasou cando puxemos o papel celofán transparente? Pois que as cousas seguían sendo da mesma cor, non cambiaban de cor como pasaba antes.Este papel non tiña cor,o mesmo lle pasa a auga.Algúns decían que este papel era blanco pero o poñer un folio o lado dábanse conta de que non era igual, non era branco.Andrés dixo que a auga da praia era azul, pero entón vimos que o ceo era azul e o reflexarse na auga parecía que a auga tamén era azul (para representar esto puxemos un folio azul enriba dun transparente).A auga ás veces está verde polas algas(papel verde enriba dun transparente),etc. Despois do recreo fixemos un experimento de coloración de auga.Vimos que a auga non tiña cor pero que según o que lle botaramos era dunha cor ou doutra. Para facer este experimento primeiro fumos a sala de profesores a quentar auga no microondas e despois preparamos todo. E máns a obra, mezclamos os distintos tintes alimenticios con auga (auga con azafrán e nos quedou a auga laranxa,auga con manzanilla e a auga quedou amarela, e auga con café e a auga quedou negra). INVESTIGANDO APRENDIMOS QUE... - A auga non ten cor Seguimos experimentando coa auga e descubrimos que non ten sabor.Nun principio os nen@s dixeron que a auga sabía a amorodos, a laranxa, limón,coca-cola e salgada. Asíque fumos probando un pouco de auga e un pouco de bebida de amorodos, e descubrimos que non sabían iguais (a auga non sabe a amorodos), despois bebimos outor pouco de auga e un pouco de bebida de laranxa e chegamos a mesma conclusión, a auga non sabía a laranxa; e así sucesivamente. INVESTIGANDO APRENDIMOS QUE... -A auga non ten sabor E seguimos respondendo as nosas dúbidas: ¿A que ule a auga? Cada nen@ dixo a que lle ulía a auga e fun anotando no encerado as respostas.

INVESTIGANDO APRENDIMOS QUE ... -A auga non ten olor. Outro día investigamos sobre os distintos estados da auga: líquido, sólido e vapor.Nos libros que trouxeron di que a auga co frío convírtese en xeo.Nós para comprobalo metimos auga e auga de cores no conxelador pois dentro do conxelador vai moito frio. Na información que trouxeron das casas vimos que as depuradoras serven para limpar a auga e devolvela o mar e rios limpa.Para que os nen@s entenderan un pouco mellor o funcionamento da depuradora fixemos o seguinte experimento. Collimos auga e metimos terra e pedras do patio. Despois cun filtro da café pasamos esa auga sucia a outro vaso.Comprobamos como a suciedade queda no filtro e sae a auga limpa. Estivemos investigando sobre a flotación; hai cousas que flotan na auga e cousas que afunden.


INVESTIGANDO APRENDIMOS: - PARA FLOTAR NON DEPENDE DO TAMAÑO SENÓN QUE DEPENDE DO MATERIAL DO OBXECTO.
Outro día bailamos a canción "El agua es fundamental" de los Lunnis.¡Que divertido!!

Tamén fixemos música con botes de cristal e auga.Comprobamos que non soa igual se o bote está cheo, o mediado ou baleiro.


Outro día a profe Paula regalounos uns pomperos para facer pompas.As pompas fanse con auga e xabón.Xogamos na clase con eles antes de irnos a casa, comprobamos que o desfacerse as pompas queda todo mollado, porque como xa viramos son de AUGA.



Tamén vimos como a auga ten forza e pode mover un muíño.



Outro experimento que fixemos sobre a auga é comprobar que hai cousas solubles coa auga e cousas non solubles. O aceite queda enriba da auga e por moito que o revolvamos o aceite non se disolve coa auga e volve outra vez para arriba.E no caso da mel pasa algo parecido non se disolve tampouco coa auga pero en vez de quedar enriba da auga queda no fondo.



Sem comentários: