quinta-feira, 19 de junho de 2008

BRANCONEVES

As mamás de 4 anos son unhas artistas. Este ano preparamos a obra de teatro "Branconeves" coas mamis. O martes actuaron para todos os nenos/as de Educación Infantil e a verdade é que o fixeron moi ben.











Os fareiros/as queriamos agradecer as nosas mamás a súa colaboración e o seu traballo en prepararnos esta obra tan bonita, e por eso fixemoslles un agasallo, unha flor, feita por nós.
¡¡MOITAS GRAZAS MAMÁS POLO VOSO ESFORZO EN FACERNOS FELICES!!






Pero ademais a profe Paula tamén recibiu un agasallo de parte de todas as mamás e dos meus nenos e nenas. Un reloxo precioso e un Cd con fotos dos meus nen@s. A profe o agradece un montón aínda que non necesitaba ningún agasallo para lembrarse dos seus fareiros/as pois os levo a todos/as conmigo para Mugardos. A profe chorou da emoción pois dalle moita pena deixar os seus nenos/as pero xa sabedes que temos que seguir en contacto.
¡¡MOITAS GRAZAS POR ESTES DOUS ANOS!!

Sem comentários: